Esta web utiliza cookies, incluida la cookie _ga propiedad de Google Analytics, persistente durante 2 años, para habilitar la función de control de visitas únicas con el fin de facilitarle su navegación por el sitio web. Si continúa navegando consideramos que está de acuerdo con su uso. Podrá revocar el consentimiento y obtener más información consultando nuestra Política de cookies. Read more
A Lagoa Tenda nace das inquedanzas e necesidades de Paula, Ilhem e Luis en Salvaterra de Miño. Somos unha familia que temos horta e galiñas, ambas as dúas para consumo própio e sempre traballadas de maneira sustentábel. Vai para dous anos, ao ver que nos entendiamos coa terra e os seus ritmos, ampliamos a horta e o galiñeiro, e comezamos a vender a coñecidos que tamén querían comer máis saudábel e con produto de proximidade, criando desta maneira unha forma de vida familiar na casa, desfrutando do traballo diario.
Na zona do Condado non é doado mercar estes productos de calidade e sustentabeis, e para realizarmos a compra da casa, agás os nosos produtos da horta, témonos que desprazar. Cando comezou a cuarentena por causa da COVID, decatámonos que non tiñamos a hipótese de mercar o resto de productos diferenciados e de calidade que consumimos na casa, e durante ese tempo o noso suministro de alimentos foi nun supermercado no que os productos son os que hai e non tes a posibilidade de escoller.
Nesta altura logo, decidimos crear a nosa tenda , " A Lagoa Tenda" , onde apostamos polo produto local e o consumo de proximidade, o cal contribúe aun menor impacto medioambiental ao mesmo tempo que impulsamos un sector primario máis sustentábel ao comercializarmos produto da contorna.
O primeiro que fixemos pois, é dar de alta a horta no REAGA ( Rexistro de Explotacións agrarias de Galiza); isto permítenos vender o que producimos con a nosa horta e as nosas galiñas, que son mercadas a unha empresa de Salvaterra que nos garante e certifica sanitariamente as aves co Rexistro Sanitario correspondente.
Ampliamos a nosa horta e comezamos a procura de diferentes produtores na zona. Cando falamos con eles do noso proxecto de montar unha tenda online con diferentes productos, apoiáronos todos. Decatámonos que sen sairmos da zona do Condado-Paradanta, podiamos crear unha tenda con productos diferentes, saudábeis, e a un prezo de mercado asequíbel a toda a xente.
A colaboración cos nosos proveedores é o cerne, a parte esencial para que este proxecto chegue a bo fin, porque todos teñen algo en común con nós, desfrutan con que fan.
Imos estar sempre á vosa disposición en todas as formas de comunicación disponíbeis para que nos fagades achegas e propostas. Perecisamos todas as críticas, as positivas e as negativas para lle poder dar estabilidade aeste proxecto que nace con tanta ilusión pola nosa parte.
A Lagoa tenda
ENTREGAS:
Pedidos realizados de Lunes a Viernes, hasta las 13.00 hrs, se entregan esa tarde. Los realizados a partir de las 14.00 hrs, se entregarán al día siguiente. Los realizados sábados y domingos, se entregará al siguiente día laborable.
Ver 1 valoraciones
Instala esta aplicación en tu pantalla de inicio de fórma fácil y rápida.
Presiona y despues "Añadir a Inicio"